Camino de Santiago

Pedrouzos. O Pino.

As veces o Camiño transita lugares que van máis aló do medio meramente físico; e non estamos a falar do eido espiritual, tan característico deste percorrido, senon de algo máis mundano. Espazos de crecimento das vilas e aldeas, desestructurados a meirande parte deles; simples traseiras no peor dos casos. No lugar de Pedrouzos as dotacións chegaron a carón do Camiño sen urbanización previa. Sen solución de continuidade conviven colexio, polideportivo cuberto, centro social, campo de fútbol, aparcadorio….Propoñemos una actuación integral no entorno, tentando atraer as administracións involucradas. Non só intervindo no espazo público senón mellorando os peches das parcelas e incluso, a ser posible, as vellas facianas dos edificios. O noso límite, os trinta metros de protección do Camiño e a boa vontade dos axentes implicados, sobre todo os públicos.

Un novo peche de ferro galvanizado ou cortén unifica o límite a dereita do camiñante; polideportivo, colexio, ximnasio ata chegar o campo de fútbol. A celosía calada que se propón cumple dúas funcións principais; a propia de peche, pero algo máis lixeiro que o actual ó permitir visións transversais e a de nova fachada tanto na parte baixa do polideportivo coma do ximnasio ó tempo que tenta evitar o vandalismo polos impedimentos propios da sua configuración constructiva. As articulacións entre as diferentes orientacións aproveitámolas para ubicar os accesos, nunha sorte da caixóns horadados. Pola banda esquerda do camiñante os espazos sucédense interconectados entre sí e con usos flexibles, acotados por muros de pedra. O primeiro deles matiza o encontró coas ramplas do centro social; o segundo, quizáis o máis significativo prepara a chegada dos aloxamentos temporais, dispostos en pequenas edificacións tipo contenedor. Cando éstas non estean, o espazo valeiro pódese empregar para xogos dos nenos do colexio o simple esparcimento. A continuación, a dársena dos autobuses, tratada de forma amable cuns pequenos bancos e algo de vexetación. Cando non haxa movemento de nenos podería haberlo de pelegríns descansando. A urbanización da fachada oeste do colexio resolve o seu aparcadorio, pero tamén o do campo de fútbol no fin de semana. Cando non haxa coches o pelegrín camiñara maís doadamente. Como remate pola banda dereita, se arranxan as escaleiras de acceso ó campo de fútbol. Pola esquerda o Camiño se perde para introducirse no bosque. Os materiais, nobres, como corresponde. Muros de cachotería de granito moreno, pavimentos de lousa e adoquín do mesmo material, ferro galvanizado, luminarias…

Oito mil metros de actuación que, por suposto, poderían executarse por fases, sobre todo tendo en conta a proximidade do Ano Santo coa necesidade de aloxamentos temporais. O deseño destes, prefabricado, próximo os contenedores dos barcos. Pero iso xa e outro conto….

  • tipología
  • espacio público
  • año
  • 2008
  • colaboradores
  • René Valiñas, arquitecto